Tuesday, October 21, 2014

 

 



Soy un nuevo usuario

Olvidé mi contraseña

Entrada usuarios

Lógica Matemáticas Astronomía y Astrofísica Física Química Ciencias de la Vida
Ciencias de la Tierra y Espacio Ciencias Agrarias Ciencias Médicas Ciencias Tecnológicas Antropología Demografía
Ciencias Económicas Geografía Historia Ciencias Jurídicas y Derecho Lingüística Pedagogía
Ciencia Política Psicología Artes y Letras Sociología Ética Filosofía
 

rss_1.0 Recursos de colección

DIALNET OAI Articles (558,108 recursos)
Dialnet (Difusión de Alertas en la Red) es una plataforma de recursos y servicios documentales, cuyo objetivo fundamental se centra en mejorar la visibilidad y el acceso a la literatura científica hispana a través de Internet.

Filologías (64,924) Psicología y educación (71,911)
Humanidades (123,985) Geociencias. Medio ambiente (32,167)
Ciencias jurídicas (78,071) Economía y empresa (59,907)
Arte (21,302) Ciencias básicas y experimentales (31,154)
Ciencias biológicas (21,405) Agricultura y alimentación (43,725)
Ciencias sociales (114,038) Tecnologías (32,144)
Ciencias de la salud (47,176)


Mostrando recursos 101 - 120 de 11,965

101. Lecturas dunha viaxe á Alemaña - Martínez-Risco Daviña, Luis
En 1933 Vicente Risco viaxa a Berlín, cunha bolsa de estudos da "Junta de Ampliación de Estudios" para estudar folk-lore. Se ben o aspecto académico resultou un fiasco, a estadía na capital alemá permitiulle ser testemuña directa da vitalidade e tensións que estaba a coñecer a República de Weimar. As vivencias da viaxe son publicadas na revista "Nós" e logo son editadas como libro no ano 1933.

102. A viaxe de estudos de Castelao a Europa - Noia Campos, María Camino
Despois dunha breve introdución sobre as características dos libros de viaxes, o artigo dedica a primeira á narración das circunstancias nas que Castelao inicia a viaxe para estudar a arte en tres países da Europa central. Na segunda parte, analízase a oportunidade da publicación do "Diario" escrito por Castelao en 1921, vinte e sete anos despois da morte do autor, dado o carácter de texto confidencial e que descobre a súa falta de formación teórica sobre os movementos artísticos contemporáneos. Na terceira parte, coméntase o texto escrito o día 25 de xullo na cidade de Bruxas, contrastándoo co redactado nunha...

103. A visión da Galiza desde a emigración: entre a cuestión nacional e a asimilación identitaria a través de "Galicia Moderna", "Centro Gallego" e "Terra" (1885-1923) - Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
A prensa do tecido societario galego alén mar é unha das fontes de maior relevo de cara a recrearmos e estudarmos a emigración galega. Cando menos, é de grande interese para coñecermos de perto a urdime organizativa que deu lugar á comunidade galega expatriada. Así pois, a través dos periódicos "Galicia Moderna", "Centro Gallego" e "Terra" esculcamos na presente achega arredor da visión que da Galiza tiñan as nosas e nosos emigrados.

104. A imaxe de Galiza na emigración - Alonso Fernández, Bieito
A emigración de masas que expulsou, de Galiza cara a América, a centos de miles de persoas entre finais do século XIX e principios do XX contribuíu a reformular todo un catálogo de imaxes do país entre as colectividades galegas emigrantes. Algunhas delas aliméntanse de estereotipos e tópicos, emitidas básicamente polos grupos máis evoluídos economica e culturalmente. Porén, existiron outras imaxes, moito máis realistas e acedas, que desenvolveron os sectores sociais e humanos máis desfavorecidos: o proletariado, as mulleres... A cabalo de ambas as dúas, apareceron as imaxes máis ideoloxizadas, patrocinadas fundamentalmente polos grupos vinculados ao galeguismo e/ou nacionalismo.

105. Turistas, viaxeiros, investigadores e identidades - Eguileta Franco, José María
Desde distintos conceptos do patrimonio cultural que proveñen da evolución teórica da Antropoloxía e da Arqueoloxía, tentamos formular algunhas cuestións sobre as achegas que estas disciplinas científicas teñen na construción do discurso identitario, na conformación da imaxe do "nós" fronte a dos "outros". Tratamos, tamén, posibles diferenzas entre as miradas dos turistas, os viaxeiros e os estudosos, especialmente porque todos eles proxectan un tipo de visión, tanto sobre as culturas alleas como sobre as propias. Neste último aspecto foi fundamental o papel desempeñado polo Seminario de Estudios Galegos, especialmente por formar un grupo de investigación galego que desenvolveu un intenso...

106. Catro escollas para escribir "Pelerinaxes I" - Allegue Leira, Alberto
Nos anos 20 do século pasado, autores galeguistas participaron en dúas empresas semellantes: peregrinar a pé para, posteriormente, referilo por escrito. Tras unha primeira experiencia asinada por X. Pardo, en "Pelerinaxes I" semellan relevantes catro escollas por parte de Otero Pedrayo. Primeiro, o itinerario trazado marca distancias cos hábitos do turismo burgués máis frecuentes naquela altura. Ademais, a elección dun lugar relixioso como meta permitía subliñar a importancia do catolicismo dentro do discurso galeguista e fronte ao españolismo militante da hierarquía eclesiástica. En terceiro lugar, o formato da peregrinaxe a Teixido, un libro de viaxes fronte á crónica xornalística, implicaba...

107. A experiencia da viaxe e a viaxe como experiencia literaria - Salinas Portugal, Francisco
Partindo da viaxe como paradigma literario, o artigo céntrase na presentación da viaxe como experiencia individual que pode reflectirse na literatura a diferentes níveis: a viaxe como tema literario e como esquema de construción diexética. Tómanse dous exemplos da literatura galega: "Arredor de si" de Otero Pedrayo e o relato curto "Dedalus en Compostela" de Vicente Risco. Para estes autores, a viaxe é un método de coñecemento do país e un instrumento de configuración do territorio, de modo que a viaxe se torna un método de descubrimento e de construción da nación.

108. A descuberta do país a través dos textos literarios - Angueira, Anxo
A literatura, polo menos no caso de Galicia, é unha múltiple descuberta sobre a propia nación negada: lingüística, histórica, socio-política... No aspecto xeográfico, a literatura utilizou a paisaxe desde o Rexurdimento (Rosalía de Castro) dun xeito dignificador. Por outro lado, moitos actores asociaron a súa poética literaria a unha paisaxe, a un espazo concreto, tradición xa medieval que chea ós nosos días e que nos continúa descubrindo as múltiples realidades (culturais, políticas, sociais...) de Galicia

109. A representación de Galicia en Ruth Mathilda Anderson - Forcadela, Manuel
A chegada de viaxeiros a Galicia a partir do século XIX fundamenta a construción dunha visión do país en certa medida diferente daqueloutras construídas desde o país mesmo. Este ollar do Outro documéntase en obras como a colección de fotografías que Ruth Matilda Anderson tira durante os seus percorridos de 1924 e 1925. O presente artigo tenta dar algunhas claves para a descrición desa ollada, tendo en conta non só o obxecto que se mira senón tamén o suxeito que mira.

110. A Galiza dos séculos XIX e XX: a ollada anglosaxona - March, Kathleen N.
Até entrado o século XX, o chegar a Galiza desanimaba a moitos viaxeiros; polo xeral, as terras galegas non figuraban nos itinerarios. As catro provincias de Galiza que partillaban unha lingua semellante ao portugués eran un enigma dentro do marco español, cuxa imaxe máis espallada fora construída cunha base na capital, cidades como Burgos e outras cidades de Andalucía. Os viaxeiros dependían dos anteriores para as recomendacións de aloxamentos, pratos típicos e actividades culturais. O mundo que se estendía ao outro lado da Serra de Cervantes apenas chamaba a atención. Os textos que aquí comentamos foron escritos por unha cantidade...

111. As viaxes científicas e a súa achega para a construción do pensamento en Galicia - Gurriarán, Ricardo
Moito se ten escrito sobre as viaxes dos chamados intelectuais, caracterizados pola súa adscrición natural ao campo das letras e as ciencias sociais, como principais axentes na construción do pensamento. Polo seu influxo directo na incorporación dos paradigmas científicos que estaban a mudar o mundo, este traballo trata de incluír os científicos que traballaron nas disciplinas experimentais en Galicia para poñer en valor o papel que xogaron como axentes transmisores de modernidade e a súa contribución á construción do pensamento. As súas viaxes ao extranxeiro, en gran medida favorecidas pola aparición dun programa de política científica a principios do século...

112. Viaxe, paisaxe e memoria: unha viaxe por...1929-2009 - Gallego Picard, Pablo
A viaxe como traxecto voluntario iniciático, a paisaxe coma elemento afeito a ser xulgado esteticamente e a memoria, como vertebradora das mesmas na obtención dunha conciencia xeográfica propia, convértense logo do visionado do documental de 1929, "Un viaje por Galicia", nos elementos de reflexión dunha procura de identidade entre unha determinada xeografía conservada en branco e negro e un territorio presente cheo de contradicións. Ante a aberrante constatación dunha maior proximidade entre o documento filmado hai oitenta anos e os "mass media" actuais, o autor reflicte sobre a necesidade dunha reflexión a respecto da situación actual. Xorde así, fronte á incomodidade...

113. A experiencia da viaxe e o intelectual de preguerra - García Negro, María Pilar
Visamos alargar a semántica convencional da viaxe e da literatura de viaxes para a adaptar con máis eficacia ao contexto galego das primeiras décadas do século XX. Distinguimos, por isto, entre viaxe masivo-forzosa (a emigración) e viaxe voluntario-propositada (a da minoría intelectual do tempo) O ponto de encontro será a viaxe centrípeta, de volta ao país, para o considerar centro e destino da obra realizada. Risco, Castelao, Otero Pedraio representan exemplos senlleiros desta anagnórise, e unha parte substancial da súa obra así o vai reflectir. Ambos procesos, en fin (a conciencia da Galiza adquirida na emigración e a viaxe de...

114. Literatura de viagens e aprendizagem do "outro" - Velasco Souto, Carlos F.
Face a umha literatura de viagens relacionada com a expansom colonial europeia com visos de apropriaçom de realidades alheias, o nacionalismo galego do primeiro terço do século XX foi quem de avivecer um discurso alternativo focado na viagem como aprendizagem apartir do conhecimento intercultural

115. A viaxe inacabada da literatura de viaxes: paradoxos, cuestionamento e transformacións dun xénero - López Sández, María
Finais do século XIX e comezos do XX é unha etapa de enorme interese na evolución do xénero da literatura de viaxes, pois nestes anos prodúcese, asemade, a culminación e o inicio do declive do xénero, en paralelo ao cuestionamento do que podemos designar "soño da viaxe". A aplicación do modelo de evolución xenérica de Jean-Marie Schaeffer permítenos comprender o que acontece nestas décadas clave para contextualizar a incorporación do xénero de viaxes ao repertorio da literatura galega por parte dos homes da Xeración nós. Pola súa parte, as achegas das teorías poscoloniais, posteriores a este momento que centra o...

116. Lugares, paisaxes e territorios convertidos en palabras: páxinas de encontro entre literatura, xeografía e turismo - Somoza Medina, José
A xeografía e a literatura tiveron ao longo da súa historia moitos puntos de encontro, desde as descriciós literarias de xeógrafos como Estrabón ou as impresionantes crónicas das viaxes de Marco Polo, ate as máis recentes investigacións que empregan as novas tecnoloxías da información xeográfica para trazar interesantes atlas literarios. Xa na Idade Media, os libros de viaxes foron unha fonte de coñecemento xeográfico e hoxe podemos estudar como os seus autores proxectaron subxectivamente as súas percepcións e sentimentos sobre os lugares, paisaxes e territorios descritos. A recente evolución do turismo internacional ofrece novas posibilidades para desenvolver guías especializadas que...

117. Introdución - Fernández Pérez-Sanjulián, Carme

118. Presentación - Cortés Uría, Francisco José

119. Agricultura familiar e campesinato: qual desenvolvimento rural? - Boni, Valdete; Bosetti, Cleber José

120. Representações do desenvolvimento e estratégias de desenvolvimento local - Reis, Márcio Carneiro dos

Página de resultados:
 

Busque un recurso